jueves, 26 de noviembre de 2015

A Marsellesa

A Marsellesa


Natureza do documento: é de tipo musical xa que se trata dun himno nacional.

Tipo de fonte :
 É de fonte primaria xa que esta feita por persoas que viviron é participaron neses conflictos bélicos.

Circunstancias espazo temporais:
 Foi creada no ano 1792 por ordes  do alcalde de Estrasburgo recibiu o o nome de marsellesa xa que era unha canción característica das tropas procedentes de Marsella.No século XX, o Goberno de Francia liberada otorgoulle  unha especial importancia xunto co himno oficioso chamado "Lle Chant deas Partisans".
O himno non gozou de oficialidade ata que a Constitución do 4 de outubro de 1958, constituíu a Marsellesa como himno nacional do país galo.

Autoría: Foi creada por Rouget de Lisle

Destino:
 Nun principio a marsellesa iba destinada como himno patriótico cara un conflicto bélico entre Francia e Austria, ademáis tiña outro nome, co tempo foi collendo moita popularidade ata o punto de que o pobo francés o acolleu como seu

sábado, 10 de octubre de 2015

O mercantilismo

O mercantilismo  xurdíu no principio do século XVII e perdurou durante o XVIII , foi un sistema económico que aplicaron as monarquías europeas .
O seu obxetivo era  o enriquecemento da nación e aplicaban dous factores para conseguilo :
-Acumulación de metais preciosos (como ouro e prata)
-No impulso do comercio exterior

Nas principais  medidas políticas destacamos:

-O fomento das manufacturas. O aumento das maunufacturas en cada país permitíu que crecese a producción de mercadorías relacionadas co comercio.

-O proteccionismo. Foi unha medida que buscaba protexer o propio comercio,impoñendo fortes impostos aduaneiros aos productos aduaneiros, polo que resultaban máis caros.

- A explotación das colonias. As materias primas e os metais preciosos eran enviados aos países europeos , pero as metrópoles impoñian un metropolio comercial polo que as colonias non podían nin vender nin comprar a outros países.